Promovemos nun modelo de colaboración público-privada, a industrialización da construción en Galicia.
Implementamos metodoloxías innovadoras, tecnoloxías avanzadas e criterios de sustentabilidade que fortalecen o sector e contribúen ao desenvolvemento social e económico da rexión.
Este espazo ofrece unha visión detallada e técnica de toda a cadea de valor en Galicia, facilitando o acceso a fichas técnicas normalizadas por familias de produtos e sistemas construtivos. O noso obxectivo é conectar o talento e a capacidade industrial das empresas galegas con promotores e prescriptores, garantindo a trazabilidade, a calidade e a eficiencia en cada proxecto. Explore as empresas do noso territorio e atope as solucións industrializadas que liderarán a construción sostible do futuro.